Curso de
Manipulador de Alimentos na sede de ACIGU
A Guarda, 03/06/2008.
A Asociación de Empresarios de A
Guarda, ACIGU CCA, convoca para o próximo mércores, día 11 de xuño, Curso de
Manipulador de Alimentos de 17.00 a 20.00 horas na sede de ACIGU. Para
calquera consulta, chamar ao teléfono: 986 61 17 43 ou ben pasar pola sede
social na rúa Agustín Nandín Lomba, 4 (Praza da Igrexa). Prazas limitadas
ACIGU CCA entregou os primeiros 97 vales compra da campaña “Venres
gastronómicos”
A Guarda, 02/06/2008.
A Asociación de Empresarios de A
Guarda ACIGU CCA informa que o venres, 30 de maio, deu comezo un ano mais
os seus Venres Gastronómicos ACIGU CCA .
En cumprimento das bases reguladoras da
campaña promocional, na sede de ACIGU CCA entregáronse, o sábado 31 de maio,
97 Vales Compra para consumir en establecementos asociados ao sector
comercial.
Esta e a sétima edición dunha campaña que
aposta por unha gastronomía de calidade dos restaurantes de ACIGU CCA
recoñecidos a nivel autonómico, nacional e internacional.
Dende a restauración guardesa, engaden
desde ACIGU CCA, sempre se apostou por un nome, “Capital da Langosta”, sendo
todos os productos ofertados da mesma calidade.
ACIGU CCA, así como a Federación
Provincial de Hostalería e a Federación Galega de Comercio, avalan e
defenden unha hostalería e un comercio de calidade.
Hoxe
comezan os “Venres gastronomicos” de ACIGU
A Guarda, 30/05/2008.
ACIGU
inicia, hoxe, os Venres gastronómicos, unha iniciativa pola que todas
aquelas ceas en parella con un importe igual ou superior aos 40 €, recibirán
un cheque – compra por valor de 5 €, que poderán consumir en calquera
establecemento asociado a ACIGU, excluíndo o sector da hostelería e
restauración.
Para poder recibir
este cheque – compra, os interesados deberán presentar, ao día seguinte
(sábado), na sede de ACIGU, o ticket de caixa do restaurante onde fixeron a
devandita consumición.
As datas que
coinciden con estes Venres gastronómicos son o 30 de maio, 27 de xuño, 26 de
setembro, 31 de outubro e 28 de novembro.
Esta iniciativa é
totalmente gratuíta para os asociados e con ela preténdese impulsar unha
restauración e un comercio local de calidade.
O 21 de
xuño ACIGU promoverá a IV Degustación Gratuíta da Rosca de Xema Guardesa

A Guarda, 20/05/2008.
A Asociación de Empresarios de A
Guarda (ACIGU CCA) presentou onte mércores, 21 de maio do 2008, un avance da
“IV DEGUSTACION GRATUITA DA ROSCA DE XEMA GUARDESA”.
O sábado 21 Xuño na rúa do Porto da Guarda farase a degustación das 10.000 racións gratuítas a partir das
18.00 horas. Pola gran acollida mostrada por parte do público local e
foráneo ACIGU CCA segue poñendo un grande empeño en que esta degustación
siga crecendo.
Os participantes nesta degustación serán
“Panadería do Muño” e “Confitería Rogelío” ademais de colaborar Caixanova,
Concello da Guarda, Federación de Empresarios do Baixo Miño e Consellería de
Innovación e Industria.
219.520 € en ventas
promocionadas e 27.440 € en cheques–compra
algúns datos da campaña promocional dos "Venres gastronómicos"
A Guarda, 20/05/2008.
A Asociación de Empresarios de A
Guarda – ACIGU CCA, vén elaborando dende o ano 2002 a campaña promocional
“Venres Gastronómicos”, proxecto de apoio á hostalería e restauración e
ao pequeno comercio guardés, cuxo obxectivo é a promoción hostaleira e
comercial dos establecementos integrados en ACIGU CCA.
Recordemos que esta campaña consiste en que todas aquelas
ceas en parella cun importe igual ou superior aos 40 €, recibirá un cheque –
compra por valor de 5 €, que poderán consumir en calquera establecemento
asociado, excluíndo o sector da hostelería e da restauración.
Para poder recibir este cheque – compra, os interesados
deberán presentar, ao día seguinte (sábado), na sede de ACIGU o ticket de
caixa do restaurante onde fixeron a devandita consumición.
As datas que coinciden con esta campaña
son o último venres de cada mes, dende o mes de marzo ata novembro, sen
contar xullo e agosto; é dicir 7 venres ó ano.
Os datos acadados dende o ano 2002 ata o presente son os
seguintes:
No 2002 participaron 24 establecementos hostaleiros e de
restauración, rexistrándose un total de 122 ceas en parella por cada venres
gastronómico, o que supón un total de 854 ceas ó cabo da campaña. Isto
supuxo un total de beneficio para a hostalería de 34.160 €, e para o pequeno
comercio un consumo total a maiores de 4.270 €.
No 2003 a participación dos establecementos mantívose en
igual número, 24 establecementos. O que sí se viu incrementado foi o número
de parellas que quixeron formar parte desta iniciativa, sendo un total de
128 en cada venres gastronómico. Este ano debido a este incremento no número
de parellas, un total de 896, viuse favorecido tanto a restauración con un
consumo de 35.840 €; como o comercio local con un consumo de 4.480 €.
No 2004, vendo o éxito da campaña, sumáronse a esta
iniciativa dous establecementos máis, facendo un total de 26. O consumo ese
ano revestiu nun beneficio para o sector da restauración, cun total de 132
ceas en parella cada venres gastronómico, é dicir 924 parellas en total, con
36.960 €; e para o comercio 4.620 €.
No 2005, conservando estes 26 establecementos, rexistráronse
130 ceas en parella en cada venres da campaña, o que supuxo un total de 910
ceas. Para a hostalería revestiu uns ingresos por valor de 36.400 € e para o
comercio local os ingresos acadaron 4.550 €.
No ano 2006 os establecementos de restauración incrementaron
o seu número a 27, rexistrándose tamén un incremento das ceas, que neste
caso foron 135 por venres, é dicir un total de 945 ceas de parella.
Estes datos supuxeron que no ano 2006 os establecementos
hostaleiros e de restauración do concello de A Guarda tiveron un consumo
positivo de 37.800 €, e o pequeno comercio de 4.725 €.
No ano 2007, con igual número de establecementos, 27, houbo
un total de 137 ceas en parella, é dicir un total de 959 ceas ao remate da
campaña, o que supuxo un consumo de 38.360 € para o sector da hostelería e
de 4.795 € para o pequeno comercio.
Tendo en conta estes datos, desde ACIGU CCA afirman que
dende o 2002 e ata o 2007 tanto os sectores de restauración e hostelería
como o pequeno comercio víronse favorecidos con esta iniciativa, onde os
datos totais foron os seguintes:
Restauración: 219.520 € en ventas promocionadas por esta
campaña para este sector.
Comercio local: 27.440 € en cheques –
compra para o pequeno comercio a cargo de ACIGU.
Despois de ver estes datos tan favorecedores, un ano máis,
ACIGU volve a pór en marcha este proxecto do que se estima que teña unha
repercusión económica favorecedora e un incremento do consumo dun 20%.
Este ano as datas que coinciden con estes venres
gastronómicos son:
30 de maio
27 de xuño
26 de setembro
31 de outubro
28 de novembro
Festa campaña non se ofrecen reportaxes gráficos por
respecto á intimidade dos usuarios e pola Lei de protección de datos, pero
existen probas reais de ano a ano do consumo no comercio.
Mañá presentarase en ACIGU un estudo sobre o comercio
guardés realizado pola Federación Galega de Comercio
A Guarda, 13/05/2008.
La Asociación de Empresarios de A Guarda,
ACIGU CCA, presentará mañá, mércores, ás 13.30 horas na sede social o
resultado dun estudo sobre o comercio local.
Comoparecerán o presidente da Federación
Galega de Comercio, José Mª Seijas López, e o presidente da Federación
Provincial del Comercio de Pontevedra, Antonio Reguera Repiso.
Na presentación avanzaranse os resultados
do estudo que analiza a situación e o estado actual do comercio guardés,
realizado por la empresa Estrategias de Mercadotecnia, así como o
significado do distintivo de Calidade do Comercio Galego, requisitos e liñas
de axuda.
Curso de
Prevención de Riscos Laborais, cunha duración de 50 horas
A Guarda, 13/05/2008.
A Asociación de Empresarios da
Guarda (ACIGU CCA) deu comezo onte, 12 de maio, ao curso de Prevención de
Riscos Laborais, cunha duración de 50 horas, impartíndose na sede de ACIGU
CCA, de 19.30 a 22.30 horas, os luns e xoves.
A prevención de Riscos Laborais debe ser un obxectivo
prioritario para todas as empresas, co fin de mellorar as condicións de
traballo e reducir o máximo os índices de siniestralidade.
Con esta actividade formativa, preténdese dar a coñecer ao
alumno a principal lexislación e os conceptos básicos en materia de
prevención, así como facilitar as ferramentas e coñecementos necesarios para
unha correcta xestión da prevención na empresa.
O curso é gratuíto para todos os participantes ao estar
subvencionado pola Consellería de Traballo, a Confederación de Empresarios
de Pontevedra e ACIGU
Celebrouse
o sorteo do Día da Nai de ACIGU CCA co reparto de 19 agasallos

A Guarda, 07/05/2008.
A Asociación de Empresarios da
Guarda (ACIGU CCA) realizou onte, 7 de maio, o sorteo da Campaña do Día da
Nai “Acordate Dela”, totalmente gratuíta para os asociados, e na que
colaboran a Federación Galega de Comercio, Consellería de Innovación e
Industria e Caixanova.
Coas campañas que realiza ACIGU CCA
preténdense potenciar as ventas dos establecimentos asociados e a súa vez
fidelizar a súa clientela. Desde a asociación están permanentemente apoiando
o comercio retallista cun programa continuo de servizos, campañas,
asesoramento e formación desenvolvido polos técnicos e o equipo asesor, no
que se analizan as necesidades e prioridades do sector en xeral e o comercio
en particular.
Os números premiados no sorteo do Día da
Nai, vaixo o lema “Acórdate dela” son os que se detallan a continuación:
VIAXE A CANARIAS |
18.026 |
VALE COMPRA 50 € |
30.061 |
VALE COMPRA 50 € |
19.021 |
VALE COMPRA 50 € |
27.261 |
VALE COMPRA 30 € |
6.700 |
VALE COMPRA 30 € |
44.780 |
VALE COMPRA 30 € |
35.445 |
VALE COMPRA 30 € |
1.001 |
VALE COMPRA 30 € |
25.138 |
VALE COMPRA 20 € |
29.147 |
VALE COMPRA 20 € |
45.221 |
VALE COMPRA 20 € |
17.568 |
VALE COMPRA 20 € |
5.691 |
VALE COMPRA 20 € |
43.925 |
VALE COMPRA 20 € |
39.389 |
VALE COMPRA 20 € |
26.855 |
VALE COMPRA 20 € |
19.206 |
VALE COMPRA 20 € |
8.716 |
VALE COMPRA 20 € |
32.417 |
A
presidenta de ACIGU esixe distinta información sobre a situación do
mercadiño da Alameda
A Guarda, 07/05/2008.
Carmen García
Braga, como presidenta de ACIGU, asinou un escrito dirixido ao alcalde da
Guarda no que se fai eco das queixas recibidas neste colectivo por parte dos
asociados referidas á venda ambulante.
No
escrito, Carmen García esixe, polo ben da cidadanía en xeral e do comercio
en particular, que se lle informe quen son os titulares do mercadiño dos
sábados e quen estiveron exercendo a venda ambulante o sábado, 3 de maio.
Quere saber tamén cal é a situación dos cobros deses postos, o protocolo de
inspección que se leva a cabo todos os sábados no mercadiño; por que se
permite o aparcamento en dobre fila cando no resto do pobo está prohibida, e
as medidas que se están a tomar para evitar a “Venda ambulantes
discriminada”.
Carmen
García espera que “neste concello se cumpra a ‘Ordenanza Municipal
Reguladora da Venda Ambulante’”.
Campaña de
apoio á hostelería e ó pequeno comercio coa posta en marcha dos “Venres
gastronómicos de ACIGU CCA”

A Guarda, 06/05/2008.
A presidenta da Asociación de
Empresarios da Guarda – ACIGU CCA, Carmen Mª García Braga, presentou onte un
proxecto de apoio á hostelería e restauración e ó pequeno comercio guardés,
cuxo obxectivo é a promoción hostaleira e comercial dos establecementos
integrados en ACIGU CCA.
ACIGU, neste proxecto, presenta, un ano
máis a Campaña dos Venres Gastronómicos cuxas bases explican que todas
aquelas ceas en parella con un importe igual ou superior aos 40 €, recibirá
un cheque – compra por valor de 5 €, que poderán consumir en calquera
establecemento asociado, excluíndo o sector da hostelería e da restauración.
Para poder recibir este cheque – compra,
os interesados deberán presentar, ao
día seguinte (sábado), na sede de ACIGU
o ticket de caixa do restaurante onde fixeron a devandita consumición.
As datas que coinciden con estes venres
gastronómicos son 30 de maio, 27 de xuño, 26 de setembro, 31 de outubro e 28
de novembro.
Esta iniciativa é totalmente gratuíta
para os asociados e con ela preténdese impulsar unha restauración e un
comercio local de calidade.
62
establecementos comerciais nos sectores de Moda e Complementos levan os seus
produtos ao Centro de Oportunidades de ACIGU CCA

A Guarda, 22/04/2008.
Carmen Mª García Braga inaugurou
onte, 22 de abril a nova tempada “Moda e Complementos” no Centro de
Oportunidades de ACIGU CCA.
Este servizo facilita aos establecementos
comerciais liquidar artigos doutras tempadas, ao mesmo tempo que cumpren a
lexislación vixente en comercio en materia de liquidación e recuperan parte
do capital invertido.
Nesta tempada participan 62
establecementos comerciais vinculados a estes sectores.
Dende que ACIGU CCA inaugurou este Centro
de Oportunidades máis de 150 establecementos tiveron a oportunidade de
liquidar a súa estocaxe nos sectores Decoración & Fogar e Moda &
Complementos.
Oportunidades ACIGU CCA abre con novos
artigos: zapatos, deportivos, moda home, muller e neno, roupa de baño,
lencería e complementos.
Este servizo conta ca colaboración da
Consellaría de Innovación e Industria, Federación Galega de Comercio e
Caixanova.
A tenda de oportunidades abre ao público
co seguinte horario:
Luns a sábado: 10.30 – 13.30
16.30
– 19.30

Inauguración da tempada de
Moda e Complementos no Centro de Oportunidades ACIGU CCA
A Guarda, 22/04/2008.
A Asociación de Empresarios de A
Guarda (ACIGU CCA) inaugura hoxe, día 22 de abril, a nova tempada de Moda e
Complementos no CENTRO DE OPORTUNIDADES ACIGU CCA, situado na rúa Inguieiros
2 da Guarda, despois de ter no mes de Febreiro – Marzo o sector Decoración –
Fogar.
Curso de “Prevención de
riscos laborais”de 50 horas de duración organizado por ACIGU
A Guarda, 27/03/2008.
A Asociación de Empresarios de A Guarda (ACIGU CCA)
organiza en colaboración coa Confederación de Empresarios de Pontevedra, e
para traballadores do réxime xeral ou autónomos:m un curso de “Prevención de
riscos laborais”de 50 horas de duración.
As persoas interesadas en participar no mesmo deberán
inscribirse na sede de ACIGU CCA ou chamando ao número de teléfono 986 61 17
43. Prazas limitadas
“Acórdate dela” campaña de ACIGU CCA co gallo do Día da
Nai

A Guarda, 16/04/2008.
Onte, 15 de abril, presentouse a campaña do Día da Nai – Acórdate Dela,
na sede social de ACIGU CCA co obxecto da celebración e promoción do
comercio local. “Acórdate dela” anúnciase de xeito innovador e diferente, de
acordo a forma en que está estructurada a sociedade hoxe en día.
A campaña “Acordate dela”,
premiará a fidelidade dos clientes sorteando 1 viaxe a Canarias; 3
Vales-compra de 50€; 5 Vales-compra de 30€ e 10 Vales-compra de 20€
Chocolatada
Por outra banda ACIGU CCA convida a todos aqueles que o
desexen, a disfrutar con esta asociación, o próximo 25 de Abril, dunha
Chocolatada, con motivo do Día de Portugal na Praza de San Benito da Guarda,
onde está previsto repartir máis de 2.500 racións de chocolate e rosca.
ACIGU CCA
celebrará o Día de Portugal (25 de abril) cunha Gran Chocolatada

A Guarda, 08/04/2008.
Con motivo da celebración do Día
De Portugal, o próximo 25 de abril, ACIGU CCA, tal e como vén facendo nos
últimos anos, vai premiar a fidelidade dos clientes dos establecementos
asociados, cunha Gran Chocolatada, na que está previsto servir 2.500 racións
de chocolate e rosca.
Este acto vaise desenvolver na Praza de
San Benito e dará comezo ás 17.30horas.
As invitacións para a degustación poderán
recollerse nos establecementos asociados á Asociación de Empresarios de A
Guarda, ACIGU CCA.
Sorteo de Día do Pai de
ACIGU-CCA

A Guarda, 27/03/2008.
A Asociación de Empresarios de A Guarda (ACIGU CCA)
realizou onte, 26 de marzo, o sorteo da Campaña do Día do Pai, totalmente
gratuíta para os asociados.
Os números premiados son os que se detallan a continuación:
Facturación
Electrónica e a Protección de Datos tratados nunha xornada de divulgación
organizada por ACIGU

A Guarda, 12/03/2008.
A Asociación de Empresarios da Guarda (ACIGU CCA) organizou
o martes, 11 de marzo, un seminario formativo dirixido ao empresariado local
no que se tratou sobre a Facturación Electrónica e a Protección de Datos
Co tema da Factura Electrónica ACIGU quixo informar á
pequena empresa dos beneficios que supón a súa implantación e aclarar
dubidas sobre o novo formato de facturación. A mesma consiste nun documento
tributario xerado por medios informáticos, en formato electrónico, que
sustitúe ao documento físico en papel conservando o seu mesmo valor legal e
que pode ser conservado electronicamente.
Esta facturación telemática basease na aplicación de
mecanismos que permiten garantir a autenticidade da orixe das facturas e a
integridade do seu contido.
Coa Protección de Datos preténdese manter informado e
formar o empresariado sobre lexislación na protección de datos que debe
garantir os dereitos e liberdades das persoas, e en particular o dereito de
respectar a intimidade; non tratándose só de cumprir a lei por temor as
sancións senón de xestionar con eficacia a información acumulada nas nosas
empresas.
Este seminario foi impartido pola Confederación de
Empresarios de Pontevedra (CEP) coa colaboración de ACIGU CCA.
Carmen García presentou o Curso de
inglés comercial

Carmen García,
presidenta de ACIGU; Antonio, director do centro Informática San Benito, e
Sofía Vicente, profesora do curso de inglés
A Guarda, 08/03/2008.
A Asociación de Empresarios de A Guarda (ACIGU CCA)
e na súa representación Carmen Mª García Braga presentou o xoves, 6 de
marzo, o curso de Ingles comercial.
O curso impártese en Informática San Benito e esta incluído
no programa formativo da Federación Galega de Comercio a través de Femxa en
colaboración coa Asociación de Empresarios da Guarda (ACIGU CCA).
Xornada
sobre a "Factura Electrónica e
Regulamento LOPD"

A Guarda, 08/03/2008.
A Confederación de Empresarios de Pontevedra e a
Asociación de Empresarios da Guarda organizan, o vindeiro martes, 11 de
marzo, unha Xornada sobre a
"Factura Electrónica e Regulamento LOPD" que ten por
obxecto dar a coñecer as ventaxes da factura electrónica e os pasos a seguir
para facelo da forma máis simple posible, así como o coñecemento do
regulamento da LOPD.
Esta Xornada vaise desenvolver na Sede Social de ACIGU, a
partir das 19.00h.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse
acudindo a sede social de ACIGU-CCA, na rúa Agustín Nandín Lomba – 4, ou
chamando ao teléfono 986 61 17 43 – 986 60 90 25, e mesmo a través do correo
electrónico: acigu2@yahoo.es.
O
afortunado dos 5.000 euros de ACIGU gastará mañá a tarde o seu premio
rematando o acto con festa infantil

Marco Claro
Silva, premiado co vale-compra por contía de 5.000 euros, con Carmen García
A Guarda, 04/03/2008.
A Asociación de Empresarios da Guarda (ACIGU CCA)
realizará mañá venres, 7 de marzo, a partires das 17.00 horas,
as compras con Marcos Claro Silva, o
afortunado cos 5.000 € da Campaña de Nadal.
Con motivo da mesma realizarase unha festa infantil na rúa
Vicente Sobrino desde as 18.00 ás 19.00 horas que contará con paiasos que
realizarán globoflexia e maquillaxe.
Ao remate da festa a todos os nenos recibirán unha bolsa de
lambetadas.
19 regalos sortea ACIGU na Campaña do
Día do Pai

A Guarda, 04/03/2008.
A Asociación de Empresarios da
Guarda (ACIGU CCA) presentou o 3 de marzo,
a campaña do DÍA DO PAI, coa que se pretende fomentar
o comercio local.
Esta campaña é totalmente gratuíta
para todos os establecementos asociados a ACIGU. Consiste na entrega de
carteis e papeletas numeradas aos establecementos
asociados, dando a posibilidade aos clientes de participar no sorteo
de 3 Televisores de 14”,
3 DVD, 3 MP3 e
10 Vales compra de 20 €.
ACIGU
xestionará gratuitamente as axudas para a adecuación dos establecementos
comerciais
A Guarda, 26/02/2008.
A Asociación de Empresarios da
Guarda (ACIGU CCA) xestionará gratuitamente entre os seus asociados, dende o
departamento de asesoramento empresarial, a subvención para adecuación dos
establecementos comerciais ao seu entorno competitivo. A finalidade desta
subvención é a renovación do comercio retallista galego e a incorporación
das novas tecnoloxías de información á xestión dos establecementos
comerciais, co obxectivo de adaptar as súas estructuras ao seu entorno de
maneira máis competitiva.
O departamento de asesoramento
empresarial de ACIGU CCA durante o ano 2007 realizou máis de 350 consultas
de diversos e diferentes temas, totalmente gratuítas para os seus asociados.
Comezou e ACIGU CCA o curso de Carretilleiro

A presidenta de ACIGU, dando a benvida aos
alumnos do curso
A Guarda, 19/02/2008.
A Asociación de Empresarios da Guarda (ACIGU CCA)
deu comezo onte, 18 de febreiro ás 20.00 horas, un Curso de Carretilleiro de
30 horas de duración, na Sede de ACIGU.
Neste curso, que contempla tanto formación teórica como
práctica, participan 15 alumnos traballadores de diferentes sectores de
empresas do Baixo Miño. O Curso de Carretilleiro inclúese no programa
formativo da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) e a
Consellaría de Traballo (Dirección Xeral de Formación e Colocación).

Alumnos asistentes a este curso de formación de 30 horas